Reunímonos co Conselleiro de Sanidade co fin de propoñer melloras para as persoas con discapacidade intelectual no sistema de saúde galego
A xestión de casos, o envellecemento e a atención odontolóxica, foron temas centrais na reunión con Sanidade

FADEMGA Plena inclusión Galicia
13-12-2024O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández,
e a técnica da federación Pilar Villaverde,
reunironse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,
e co director xeral de asistencia sanitaria Alfredo Jose Silva Tojo.
Na reunión analizamos a situación sanitaria
das persoas con discapacidade intelectual
na nosa comunidade.
Según dicen estudos recentes
as persoas con discapacidade intelectual
teñen máis problemas de saúde
que as persoas se discapacidade.
As persoas con discapacidade intelectual
teñen máis enfermidades físicas
e máis trastornos psiquiátricos.
MEDIDAS PRIORITARIAS PARA UN CAMBIO NECESARIO
Entre as medidas das que falou FADEMGA
para mellorar a saúde das persoas con discapacidade, destacan:
- Máis formación ás persoas profesionais da saúde.
- Mellora da accesibilidade.
- Coordinación entre servizos.
- Figura da persoa xestora de casos para un seguimento individualizado das e dos pacientes.
- Fortalecer a asistencia odontolóxica.
RETO DO ENVELLECEMENTO
Outro tema importante que tratamos
foi o impacto do envellecemento nas persoas con discapacidade intelectual.
Galicia, é unha das zonas máis envellecidas de Europa,
e por iso son necesarias medidas específicas
para garantir unha atención adecuada a estas persoas.
COMPROMISO E COLABORACIÓN INSTITUCIONAL
Finalizada a reunión, o presidente de FADEMGA, dixo que
“As persoas con discapacidade intelectual merecen un sistema de saúde
que responda ás súa realidade e necesidades específicas.
O compromiso de FADEMGA é seguir traballando para que sexa posible”.