#QueSeLeaFácil, unha campaña que reivindica máis libros en lectura fácil para centos de miles de persoas con dificultades de comprensión

Porque a cultura só é cultura cando todas as persoas poden entendela.

#QueSeLeaFácil, unha campaña que reivindica máis libros en lectura fácil para centos de miles de persoas con dificultades de comprensión

O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro.

Para celebralo, Plena inclusión lanza a campaña #QueSeLeaFácil.

O obxectivo desta campaña é claro:

queremos que máis persoas saiban

que faltan libros en lectura fácil.

 

Tamén queremos lembrar que as persoas

con discapacidade intelectual e do desenvolvemento

teñen dereito a gozar da cultura en igualdade de condicións.

 

Unha petición dos clubs de lectura fácil

Plena inclusión crea esta campaña

despois de preguntar aos clubs de lectura

as súas necesidades e reivindicacións.

 

Más de 200 clubs de lectura fácil

de fóra e dentro do movemento asociativo

participaron nesta consulta.

Enviaron as súas respostas

clubs das 17 comunidades autónomas.

Tamén de Ceuta e Melilla.

 

Necesitamos máis libros en lectura fácil

As respostas da enquisa

ensínannos 3 necesidades moi importantes:

- Ter máis libros de literatura adaptados a lectura fácil.

- Ofrecer formación ás persoas que dirixen os clubs de lectura.

- Ter apoio das institucións para que todas as persoas poidan acceder á cultura.

 

Ler tamén é un dereito

Ler non debe ser un privilexio.

Ler debe ser un dereito de todas as persoas.

A cultura só é cultura

cando todas as persoas poden entendela.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.