Profesionais de todo o país reuníronse en Santiago para mellorar a accesibilidade cognitiva nos espazos públicos
Persoas expertas en accesibilidade de Estremadura, Murcia e Sevilla aportaron novas estratexias para mellorar a comprensión dos espazos públicos.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
27-03-2025FADEMGA Plena inclusión Galicia celebrou o pasado venres a
"Xornada de accesibilidade cognitiva en espazos"
na Escola Galega de Administración Pública
en Santiago de Compostela.
O evento reuniu a profesionais, entidades sociais
e representantes de administracións públicas
co obxectivo de sensibilizar e formar
sobre a importancia de crear contornas máis comprensibles
e accesibles para todas as persoas.
A xornada contou coa participación de expertas e expertos
chegados desde a Oficina de Accesibilidade Cognitiva
e Lectura Fácil de Estremadura,
o Servizo de Información Accesible de Plena inclusión Región de Murcia
e o Laboratorio de Diversidade e Linguaxe da Universidade de Sevilla.
Nas súas intervencións destacaron as boas prácticas
e as iniciativas innovadoras que se están a desenvolver
no ámbito da accesibilidade cognitiva.
Durante o acto inaugural, o conselleiro de Cultura
da Xunta de Galicia, José López Campos,
destacou que:
é importante seguir traballando neste eido.
FADEMGA está a facer un traballo extraordinario
e a Xunta agradece este impulso, que para nós é ademáis unha guía.
O concelleiro de Urbanismo de Santiago de Compostela, Iago Lestegás,
subliñou durante a súa intervención que:
é fundamental que as nosas cidades sexan accesibles para todas as persoas,
garantindo que todas e todos poidan comprender e orientarse
nos espazos urbanos.
O presidente do CERMI Galicia, Ramón Sestayo,
fixo un chamamento para que as Administracións se impliquen
e dixo que:
O compromiso coas contornas accesibles
non pode quedar só no eido do movemento social.
As administracións públicas teñen que asumir o seu papel
nesta transformación.
Con este encontro, FADEMGA Plena inclusión Galicia
reafirma o seu compromiso coa promoción da accesibilidade cognitiva
como ferramenta esencial para a inclusión
e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento.
Unha actividade que se une ao amplo catálogo de iniciativas
nas que traballa FADEMGA,como por exemplo,
- a adaptación de documentos xurídicos a lectura fácil,
- a sinalización accesible en centros de saúde,
- a formación a profesionais e administracións
- e mesmo a diagnose da accesibilidade de espazos.

