Compartimos coñecemento e seguimos aprendendo en grupo

Accede a todas as presentacións utilizadas polas e polos poñentes nesta edición

Compartimos coñecemento e seguimos aprendendo en grupo

Queremos que máis persoas

poidan aprender e compartir experiencias.

Por iso, deixamos aquí

as presentacións das persoas poñentes

que participaron no seminario deste ano.

 

Este seminario é sobre discapacidade intelectual

e saúde mental.

Celebrámolo na Facultade de Psicoloxía

da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Un encontro xa moi coñecido

Este seminario xa se fixo 19 veces.

É un evento moi importante en Galicia.

Participan profesionais, entidades sociais,

familias e estudantes.

Este ano falamos sobre benestar emocional.

O benestar emocional é moi importante

na vida das persoas con discapacidade intelectual

e do desenvolvemento.

Tamén é importante para as familias

e para os equipos profesionais

que dan apoios cada día.

 

Un espazo que medra e coida

Este seminario leva case 20 anos.

Xa non é só un lugar para dar información.

É un lugar onde as persoas se xuntan,

comparten coñecemento e tamén experiencias.

 

As presentacións das poñentes

Aquí podes ver e descargar as presentacións

que se usaron no seminario:

- Emocións en equilibrio.

- Envellecemento en persoas con moitas necesidades de apoio e acompañamento positivo.

- Apoio emocional a familias en momentos importantes.

- Resiliencia nos equipos de apoio.

 

Agardamos que estas presentacións sexan útiles para ti,

que che dean boas ideas

e che axuden a mellorar os apoios

nas entidades e nos servizos.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.