Organizamos obradoiros para apoiar o teu dereito ao voto

As entidades interesadas poden solicitar ata o 26 de outubro os obradoiros, que se desenvolverán durante o mes de novembro.

Organizamos obradoiros  para apoiar o teu dereito ao voto

En FADEMGA Plena inclusión Galicia

poñemos en marcha novos obradoiros

con motivo das eleccións xerais de 2026.

Nas eleccións xerais votamos para elixir

as persoas que nos representan no Congreso e no Senado.

 

Os obradoiros chámanse O teu votoconta: eleccións xerais 2026.

Queremos apoiar as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

para que poidan exercer o seu dereito ao voto.

Votar é unha forma de participar nas decisións que nos afectan.

 

Quen pode participar nos obradoiros?

Persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

En cada obradoiro participarán entre 6 e 12 persoas.

Cada obradoiro durará 2 horas.

 

Cando serán os obradoiros?

As datas propostas son:

- 16 de novembro.

- 20 de novembro.

- 23 de novembro.

- 24 de novembro.

- 25 de novembro.

 

Descarga aquí a información dos obradoiros e os pasos para solicitalos.

Cubre aquí o formulario de solicitude. 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.