Poñemos en marcha charlas sobre sexualidade dirixidas a familias e profesionais

Un espazo para resolver dúbidas, compartir inquedanzas e promover o bo trato dende unha mirada profesional e inclusiva

Poñemos en marcha charlas sobre sexualidade dirixidas a familias e profesionais

Dende o noso Servizo de Asesoría Sexolóxica ACENDE,

poñemos en marcha charlas sobre sexualidade

dirixidas a familias e profesionais

que acompañan a persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento.

 

As charlas teñen como obxectivo resolver dúbidas

e proporcionar información rigorosa e respectuosa

en temas tan importantes como a saúde sexual,

o dereito á intimidade, a prevención do abuso

ou a promoción do bo trato.

 

Como se desenvolverán as sesións?

As charlas serán presenciais

e terán lugar nas sedes das entidades interesadas,

en horario laboral,

cunha duración aproximada de 1 hora e media.

 

As datas e horarios dependerán da dispoñibilidade

da profesional encargada, Débora Baz,

sexóloga con ampla experiencia no ámbito da discapacidade intelectual.

 

Cada grupo deberá contar cun mínimo de 12 participantes.

 

Como mostrar o teu interese?

As entidades interesadas

deben cubrir o seguinte formulario en liña.

A participación está aberta a todas as entidades,

pero daráselle prioridade a aquelas que aínda non teñan participado

co fin de favorecer a maior diversidade posible.

 

Tes dúbidas?

Podes poñerte en contacto con nós:

981 51 96 50 (pregunta por Antía)

ou escríbenos un mail a: sexualidade@fademga.org

 

* Descarga aquí a información das charlas

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.