Hai avances nas leis de dependencia e discapacidade

A Confederación reivindica que o financiamento chegue realmente ás persoas.

Hai avances nas leis de dependencia e discapacidade

Plena inclusión España valora ben

os cambios aprobados nas leis de dependencia e de discapacidade.

Pero a organización di que aínda faltan melloras.

Por exemplo, pide cambios no copagamento

e mellores condicións de traballo

para as persoas profesionais dos coidados e dos apoios.

 

Que cambios se aprobaron?

O Congreso aprobou os cambios definitivos

nas leis de dependencia e de discapacidade.

A organización considera que estes cambios

permiten dar apoios máis adaptados a cada persoa.

 

O obxectivo é que as persoas con discapacidade intelectual

poidan decidir sobre a súa vida.

Tamén busca que poidan vivir na súa contorna habitual

e participar na comunidade.

 

Cales son os principais avances?

Plena inclusión destaca varios cambios importantes:

- As leis adáptanse mellor aos dereitos

das persoas con discapacidade.

- Haberá novos apoios

para que as persoas poidan tomar decisións

sobre a súa vida.

- Mellora a asistencia persoal.

A asistencia persoal é o apoio dunha persoa profesional

para facer actividades da vida diaria.

Por exemplo, pode apoiar unha persoa para ir traballar,

estudar ou facer compras.

- Máis apoio para tomar decisións.

 

A nova lei crea un apoio específico

para exercer a capacidade xurídica.

A capacidade xurídica significa poder tomar decisións

e exercer os teus dereitos.

Por exemplo, pode ser decidir onde queres vivir

ou como xestionar o teu diñeiro.

A reforma tamén inclúe o emprego personalizado.

O emprego personalizado busca un traballo

adaptado ás capacidades, necesidades e intereses

de cada persoa.

 

Menos trámites

A reforma tamén pode reducir algúns trámites.

Nalgúns casos, unha persoa que xa ten recoñecido

un nivel de dependencia

poderá ter máis fácil o recoñecemento da discapacidade.

Isto pode evitar facer algúns trámites 2 veces.

 

Máis accesibilidade

A reforma reforza a accesibilidade universal.

A accesibilidade universal significa que os espazos,

servizos e información deben poder ser usados

por todas as persoas.

Plena inclusión destaca tamén a accesibilidade cognitiva.

A accesibilidade cognitiva axuda a entender mellor

a información e os espazos.

Por exemplo, un documento en lectura fácil

ten máis accesibilidade cognitiva.

Tamén pode axudar un cartel claro nun hospital

ou nunha oficina pública.

 

Vivir na comunidade

A reforma permite que algunhas persoas

reciban máis apoios no lugar onde viven.

Por exemplo, poden recibir apoio na súa propia casa.

Plena inclusión considera que isto pode axudar

a evitar sistemas moi ríxidos.

Tamén pode facilitar que cada persoa

viva na súa comunidade

cos apoios que necesita.

 

Que pasa co diñeiro?

O Estado vai aumentar o diñeiro

destinado ao sistema de dependencia.

Plena inclusión pide que ese diñeiro

chegue ás persoas que necesitan apoios.

Tamén pide que as comunidades autónomas

expliquen con claridade como usan ese diñeiro.

 

Plena inclusión considera que o novo financiamento

debe servir para:

- Mellorar os apoios.

- Reducir as listas de espera.

- Ofrecer servizos suficientes.

- Apoiar mellor ás persoas que necesitan máis axuda.

- Tamén pide boa coordinación entre o Goberno de España

e os gobernos autonómicos.

 

Que problemas quedan por resolver?

Plena inclusión considera que aínda quedan

2 problemas importantes: 

O copagamento

e as condicións de traballo

para as persoas profesionais dos coidados e dos apoios.

 

A organización explica que un bo servizo

necesita persoas profesionais con formación e estabilidade.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.