Plena inclusión reclama aos gobernos un financiamento xusto e alerta do perigo de peche de entidades que sosteñen a miles de persoas con discapacidade intelectual
En vésperas do Día da Discapacidade, a confederación que agrupa a 950 asociacións e xestiona 4.000 centros e servizos reivindica a dignificación do sector dos coidados.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
02-12-2024O 3 de decembro celébrase o Día da Discapacidade.
Con motivo deste Día, a confederación Plena inclusión
alerta da crítica situación á que se enfronta o sector
e lanza unha petición de axuda.
Enrique Galván, o director de Plena inclusión
di que o sector atravesa unha crise descoñecida
dende a que se viviu entre os anos 2008 e 2012.
Tamén di que se as administracións públicas non o solucionan,
en 2025 hai moitas asociacións que poden pechar.
Por estos motivos Plena inclusión lanza a campaña
#SinRecursosNOhayCuidados
que se estrea este mes de decembro.
Esta campaña vai estar activa
ata o próximo verán.
CONTEXTO PREOCUPANTE
A finalización do Plan Estatal de choque da Dependencia,
e as poucas certezas sobre a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado
xeran un contexto pouco esperanzador.
Desde Plena inclusión sinálanse outros síntomas preocupantes:
• Elimináronse as subvencións e axudas ao investimento
e ao mantemento de centros,
en moitas comunidades autónomas.
A pesar diso, as entidades ven obrigadas a financiar
medidas de transformación dixital, ou de transición climática
con cambio de sistemas de mobilidade,
refrixeración e calefacción.
• Non hai condicións laborais dignas para o sector.
Moitas e moitos profesionais abandoan o sector
para traballar en outros espazos que pagan mellor.
Son profesionais comprometidas co proxecto social
que se ven expulsadas dos seus empregos
porque os salarios que o noso sector poden ofrecer non son competitivos.
• As nosas organizacións chocan cun cálculo desaxustado dos prezos praza.
Iso si, dende as administracións séguese aumentando as esixencias
en canto a atención personalizada, plans de apoio conductual
ou tecnoloxía dispoñible.
O director de Plena inclusión, Enrique Galván
di que todos os riscos antes mencionados
poñen en perigo o exercicio dos dereitos humanos
de moitas persoas e as súas familias.

