Plena inclusión lanza a campaña "Sen recursos non hai coidados"

Por un Pacto de Estado que dignifique o sector dos apoios e coidados

Plena inclusión lanza a campaña "Sen recursos non hai coidados"

Plena inclusión lanzou unha campaña
para esixir máis apoio aos gobernos central,
autonómicos e concellos
e tamén a opinión pública. 

Plena inclusión quere que os gobernos
entendan a urxencia de lograr un financiamento xusto
que asegure que as asociacións
poidan seguir dando apoio a miles de persoas
con discapacidade intelectual e ás súas familias.

Algunhas asociacións están en perigo
de pechar por non ter suficiente diñeiro. 

 

Que pedimos?
Plena inclusión agrupa a 950 asociacións.
Estas asociacións axudan a 150.000 persoas
con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
Tamén xestionan 4.000 centros e servizos en toda España.

A campaña pide un financiamento público xusto.
Sen este diñeiro, non se poden manter os coidados.

 

Cando se fai a campaña?
A campaña comeza na semana previa
ao 3 de decembro que é o Día da Discapacidade.
Pero prevese que dure ata o verán.

 

Dignificación do sector
Este apoio económico que
se pide ás administracións públicas
debe servir para asegurar
condicións dignas para as profesionais
que traballan no sector.

 

Le aquí o posicionamento de Plena
inclusión España sobre este tema

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.