25 de novembro Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller
As mulleres con discapacidade intelectual teñen máis dificultades para acceder a recursos de apoio
FADEMGA Plena inclusión Galicia
25-11-2025Desde a Confederación
e as Federacións de Plena inclusión,
lanzamos unha campaña nas redes sociais.
O lema da campaña é:
Escoitar sen prexuízos,
protexer sen barreiras.
Esta campaña serve para lembrar
que moitas mulleres con discapacidade intelectual
sofren violencia.
Estas mulleres enfróntanse a moitas barreiras,
por exemplo:
- Non lles cren cando contan o que lles pasa.
- Os servizos de axuda non as ven nin as teñen en conta.
- Non poden usar os servizos públicos de xustiza,
protección ou prevención.
A violencia de xénero pódelle pasar a calquera muller.
Pero o acceso á xustiza non é igual para todas.
As mulleres con discapacidade están máis desprotexidas.
A presidenta de Plena inclusión España,
Carmen Laucirica, di o seguinte:
“Temos que falar coas administracións públicas.
Deben facer que os servizos de protección
sexan accesibles para todas as mulleres,
sobre todo para as que máis o precisan.”
O obxectivo desta campaña é
visibilizar a violencia específica
que sofren as mulleres con discapacidade intelectual
e denunciar que non teñen a mesma protección
có resto das mulleres.
En 2025, Plena inclusión
formou a máis de 650 policías nacionais.
Aprenderon como é a violencia
para as mulleres con discapacidade intelectual
e como atender mellor os seus casos.
A presidenta lembra tamén que:
“Aínda falta moito
para ter unha sociedade inclusiva.”
A Policía Nacional tamén fala:
Desde a Unidade de Atención
a Familias e Mulleres, din:
“Colaborar con Plena inclusión
permítenos protexer mellor
as mulleres con discapacidade.
Escoitar os seus testemuños
axúdanos a darlles unha atención
máis segura e próxima.”

