“Pausa en verde”: unha actividade para parar, respirar e conectar coa natureza

Unha experiencia guiada para baixar o ritmo, reconectar co presente e coidar a saúde mental dende a natureza.

“Pausa en verde”: unha actividade para parar, respirar e conectar coa natureza

Ás veces vivimos con moitas présas.

Pasamos moito tempo diante das pantallas:

o móbil, o ordenador ou a televisión.

Tamén temos preocupacións,

tarefas e moitas cousas na cabeza.

Todo isto pode cansar a nosa mente

e tamén o noso corpo.

 

Por iso organizamos Pausa en verde.

É unha actividade para:

- parar un pouco,

- descansar,

- camiñar amodo,

- estar en contacto coa natureza,

- e sentirnos mellor.

 

Para quen é esta actividade?

Esta actividade é para persoas con discapacidade intelectual.

 

Cando será?

As sesións realizaranse de 11:00 a 12:30 horas

en espazos naturais da cidade de Santiago de Compostela.

- 23 de outubro, Parque da Lagoa (Cidade da Cultura)

- 13 de novembro, Monte Pedroso. 

 

Cada sesión durará 1 hora e media.

Se algunha persoa ten dificultades de mobilidade,

poderemos cambiar o lugar da actividade.

 

Como participar?

Tes que cubrir esta ficha de inscrición

e enviala a este correo: areasocial@fademga.org

e decir en que data queres vir. 

O prazo para inscribirse remata o 21 de outubro. 

Despois contactaremos coas persoas inscritas

para confirmar a súa praza.

 

Se tes dúbidas, podes escribir a: areasocial@fademga.org

ou chamar ao teléfono: 981 51 96 50

 

Nesta ligazón podes descargar

o cartel e o programa da actividade.

 


Esta actividade finánciase

grazas á Fundación José Otero e Carmela Martínez

e á Consellería de Política Social e Igualdade

a través das persoas que marcan o recadro de Fins Sociais

na declaración da renda.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.