Polo dereito a entender a información para participar na vida política
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia animamos a todos os partidos políticos a adaptar os seus programas a lectura fácil para que as persoas con discapacidade intelectual poidan coñecer as propostas e decidir con autonomía.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
23-10-2026Dentro de pouco comeza a campaña electoral.
Durante a campaña electoral, os partidos políticos
explican as súas propostas para que a cidadanía decida a quen votar.
En FADEMGA Plena inclusión Galicia
queremos lembrarlles a todos os partidos políticos
que as persoas con discapacidade intelectual
teñen dereito a participar na política.
Teñen opinións e propostas propias.
Tamén teñen dereito a recibir información que poidan entender
e apoios para tomar as súas decisións.
Para decidir, hai que entender
Os partidos políticos presentan propostas
sobre temas que afectan á túa vida.
Por exemplo:
- O emprego.
- A vivenda.
- A educación.
- A saúde.
- Os servizos públicos.
Cando os partidos usan palabras difíciles,
moitas persoas teñen problemas
para entender as súas propostas.
Para decidir a quen votar,
tes que entender que propón cada partido
e comparar as súas propostas.
Por iso pedimos aos partidos políticos
que adapten os seus programas electorais a lectura fácil.
Un programa electoral é un documento
que recolle as propostas dun partido político.
A lectura fácil é unha forma de escribir e presentar a información
para que sexa máis fácil de entender.
As persoas con dificultades de comprensión
deben participar na revisión destes textos.
Así podemos comprobar se os textos se entenden.
Tamén pedimos aos partidos políticos que:
- Publiquen os programas en lugares onde sexa fácil atopalos.
- Deixen tempo suficiente para lelos antes do día das eleccións.
- Usen unha linguaxe clara nos seus actos.
- Usen unha linguaxe clara nas súas webs
e nas mensaxes da campaña electoral.
Queremos que escoiten todas as voces
As persoas con discapacidade intelectual tamén teñen dereito a falar
coas persoas que se presentan ás eleccións.
Por iso pedimos que se organicen encontros nos que poidan:
- Facer preguntas.
- Explicar o que lles preocupa.
- Compartir as súas propostas.
Cada persoa debe poder expresar as súas propias opinións.
Os apoios deben axudar a cada persoa a tomar as súas decisións
e respectar o que ela escolle.
Entender a información é necesario para poder decidir e participar.

