Participamos na inauguración do novo Centro Especial de Emprego de Hospitalarias Betanzos

Un proxecto que impulsa a inclusión laboral de persoas con discapacidade intelectual

Participamos na inauguración do novo Centro Especial de Emprego de Hospitalarias Betanzos

FADEMGA Plena inclusión Galicia e a patronal AEDIGAL

participamos na presentación do novo Centro Especial de Emprego

de Hospitalarias Betanzos. 

Esta é unha iniciativa promovida pola Fundación Hospitalarias

que abre as súas portas cun equipo 

de 18 traballadores e traballadoras.

 

O centro ofrece oportunidades laborais

a persoas con discapacidade,

no ámbito da lavandería industrial.

 

Desde FADEMGA destacamos a importancia deste tipo de proxectos

para fomentar a autonomía, a inclusión social

e o acceso ao mercado laboral das persoas con discapacidade intelectual.

 

O novo centro especial de emprego Hospitalarias Betanzos

tamén fará un acompañamento especializado

para garantir o desenvolvemento profesional e persoal

das persoas contratadas.

 

O acto de inauguración contou coa presenza de varias autoridades,

como conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González,

quen puxo en valor a creación deste tipo de infraestruturas

como unha vía fundamental para promover unha Galicia máis inclusiva

e accesible para todas as persoas.

 

Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia seguimos traballando

para que o emprego sexa unha realidade accesible

para todas as persoas con discapacidade intelectual,

e apoiando iniciativas que favorezan a súa participación activa

na sociedade.

 

Porque o emprego é clave para a inclusión!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.