Participa no proxecto estatal “Calidade que impulsa a Transformación”

Unha iniciativa para animar ás asociacións a implantar o Modelo de Calidade Plena

Participa no proxecto estatal “Calidade que impulsa a Transformación”

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia

queremos animarvos a participar no proxecto

Calidade que impulsa a Transformación.

O obxectivo desta iniciativa

é acompañar ás entidades federadas

para que entren no Modelo de Calidade Plena.

 

Trátase dunha oportunidade para:

• Iniciar ou retomar o camiño cara á Calidade Plena.

• Contar con apoios, materiais e acompañamento profesional.

• Avanzar na autoavaliación e na elaboración do plan de mellora.

 

Para explicar o proxecto con calma

e resolver dúbidas,

organizáronse sesións informativas en liña,

abertas tanto a entidades

que aínda non están no sistema

como a aquelas que xa estades en proceso:

 

Sesións informativas:

- 3 de febreiro, de 10:00 a 11:30. Sesión para a Zona Norte: Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, País Vasco, A Rioxa, Navarra, Aragón, Cataluña e Baleares

Accede nesta ligazón. 

- 4 de febreiro, de 10:00 a 11:30. Sesión para a Zona Sur: Comunidade Valenciana, Murcia, Melilla, Castela-A Mancha, Ceuta, Madrid, Estremadura, Andalucía e Canarias. 

Accede nesta ligazón.

*(Se non podedes conectarvos o día asignado á vosa zona, podedes facelo na outra sesión)

 

:: INTERESÁCHE COMEZAR O CAMIÑO CARA A CALIDADE PLENA?

A partir do 4 de febreiro

activarase o formulario de inscrición no proxecto.

Este formulario estará dispoñible

na web de Plena inclusión.

 

Animámosvos a conectarvos á sesión informativa,

escoitar a proposta

e valorar con calma se este proxecto encaixa

no momento actual da vosa entidade.

 

Para calquera dúbida,

podedes contactar coa Área de Calidade de FADEMGA

en: calidade@fademga.org ou chamando ao 981 51 96 50.

 

Agardamos vervos nas sesións

e que vos animedes a dar este paso!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.