Participa na xornada "Epilepsia: investigación e innovación compartida"

Un encontro aberto á cidadanía coa participación de persoas expertas internacionais

Participa na xornada "Epilepsia: investigación e innovación compartida"

FADEMGA organiza a xornada

Epilepsia: investigación e innovación compartida,

un encontro onde ímos falar sore epilepsia,

ciencia e sobre o papel das persoas na investigación médica.

 

No encontro participarán relatoras e relatores de España, Portugal e México,

que falarán sobre o futuro do tratamento da epilepsia,

o diagnóstico rápido e os retos éticos da investigación.

 

A xornada organizarase o 19 de maio en Santiago de Compostela,

na Biblioteca Ánxel Casal

e o 21 de maio en Vigo

no edificio Cambon.

Nos dous sitios o horario será de 15:30 a 20:00 horas.

 

Que atoparás?

- Charlas científicas adaptadas a todas as persoas

- Innovación aplicada:

Presentación do proxecto GENOPSYSEN,

unha rede internacional que desenvolve sensores xenéticos baratos

e de uso sinxelo para adaptar os tratamentos á resposta individual.

- Investigación sen fronteiras con relatoras e relatores de España, México e Portugal,

e coa participación de equipos de toda Iberoamérica.

 

Como participar

A xornada é aberta a todas as persoas interesadas:

- familias,

- profesionais,

- estudantes,

- administracións,

- entidades

- sociedade en xeral.

 

Nesta ligazón podes consultar o programa da xornada, e de estar interesada/o podes inscribirte AQUÍ.

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.