Organizamos unha xornada para reivindicar unha xustiza máis accesible e comprensible para todas as persoas
O encontro reunirá a profesionais do ámbito xurídico, representantes institucionais e especialistas en accesibilidade cognitiva
FADEMGA Plena inclusión Galicia
10-11-2026O venres 4 de decembro organizamos unha xornada
en Santiago de Compostela.
A xornada chámase
Dereitos que se entenden, dereitos que se exercen.
Nesta xornada queremos falar
sobre a importancia de que todas as persoas poidan:
- Comprender a información relacionada coa xustiza.
- Coñecer e defender os seus dereitos.
- Participar nos procesos xudiciais.
- Tomar decisións sobre a súa vida.
- Tamén falaremos sobre os cambios da Lei 8/2021.
Esta lei recoñece que as persoas con discapacidade
teñen dereito a tomar as súas propias decisións
e a recibir os apoios que necesiten para facelo.
Onde e cando será a xornada?
A xornada será o venres 4 de decembro
na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
Comezará ás 9 da mañá e rematará ás 3 da tarde.
Ao finalizar, ofreceremos un pequeno cóctel
para as persoas participantes.
Quen pode participar?
Na xornada pode participar calquera persoa interesada.
Está especialmente pensada para:
- Profesionais de organizacións sociais.
- Profesionais que traballan no ámbito da xustiza.
- Profesorado e alumnado de Dereito.
Como podes inscribirte?
Para participar tes que cubrir este formulario de inscrición.
Tes ata o luns 23 de novembro para inscribirte.
A inscrición custa 5 euros.
No programa da xornada podes consultar como facer o pagamento.
Tes ata o luns 23 de novembro para pagar.
Podes descargar o programa aquí.
Como saberás se estás inscrito ou inscrita?
O mércores 25 de novembro enviarémosche un correo electrónico.
Nese correo confirmarémosche se estás inscrito ou inscrita.
Tamén che daremos máis información sobre a xornada.
Agardámoste para seguir traballando por unha xustiza que todas as persoas poidamos comprender!

