Ofrecemos un servizo de adaptación de documentos xudiciais a Lectura Fácil

Un novo recurso para garantir que toda persoa poida comprender a información legal que lle afecta.

Ofrecemos un servizo de adaptación de documentos xudiciais a Lectura Fácil

En FADEMGA Plena inclusión Galicia

axudamos a facer máis comprensibles

os documentos legais.

 

Creamos un servizo

para adaptar documentos xudiciais

a lectura fácil.

 

Así, as persoas con discapacidade intelectual,

con discapacidade do desenvolvemento

ou con dificultades para ler,

poden entender mellor a información legal

que lles afecta.

 

Este servizo é pioneiro en Galicia

e facémolo xunto coa Consellería de Presidencia,

Xustiza e Deportes.

 

Este servizo é moi importante

porque a lei di que as comunicacións

teñen que ser claras e accesibles

para todas as persoas.

 

Por que é necesario este servizo?

Hai leis que falan sobre isto.

Estas leis din que os profesionais da Xustiza

teñen que asegurar que todas as persoas

entendan a información que reciben.

 

A lectura fácil é unha forma de escribir

para que os textos sexan máis claros

e fáciles de entender.

 

Como traballamos en FADEMGA?

O noso equipo: Recibe o documento legal.

Adáptao a lectura fácil.

Valida o documento adaptado

con persoas con discapacidade intelectual.

Así aseguramos que o texto final é realmente accesible.

 

A quen vai dirixido este servizo?

Este servizo é para profesionais da Xustiza:

- Maxistradas e maxistrados.

- Fiscais.

- Letradas e letrados da Administración de Xustiza.

- Persoal administrativo dos xulgados.

- Avogadas, avogados e outros profesionais.

 

Se participas nun proceso xudicial

no que hai unha persoa con discapacidade intelectual,

podes pedir este servizo.

 

Un paso máis cara á Xustiza inclusiva

Con este servizo queremos construír

unha Xustiza máis humana,

máis fácil de entender e máis accesible

para todas as persoas.

Se traballas no mundo da Xustiza

e necesitas adaptar documentación,

podes contar con nós!

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.