O Concello de Vigo apoia os servizos de emprego de FADEMGA

A achega contribuirá a financiar as actividades da Área de Emprego dirixidas a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

O Concello de Vigo apoia os servizos de emprego de FADEMGA

Ter un emprego axúdache a vivir con máis autonomía

e a decidir sobre a túa vida.

En FADEMGA Plena inclusión Galicia

apoiamos as persoas con discapacidade intelectual

para que poidan acceder a un emprego.

 

O Concello de Vigo concedeunos unha axuda de 5.000 euros

para os nosos servizos de emprego na provincia de Pontevedra.

 

Para que serve esta axuda?

Esta axuda permite apoiar 2 servizos:

- O servizo de información e orientación laboral.

- O servizo de apoios para o emprego.

 

Cando se concedeu a axuda?

O Concello de Vigo concedeu esta axuda

o 11 de setembro de 2026.

Esta axuda forma parte dun programa do Concello de Vigo

para apoiar actividades sociais de asociacións.

 

FADEMGA recibiu os 5.000 euros que solicitou.

Esta cantidade é maior que a recibida o ano pasado.

 

Desde FADEMGA agradecemos este apoio ao Concello de Vigo.

Esta colaboración axúdanos a seguir traballando

para que máis persoas con discapacidade intelectual

poidan acceder a un emprego.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.