O Concello de Lugo concede unha nova axuda a FADEMGA co fin de fortalecer a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual

O Concello de Lugo concede unha nova axuda a FADEMGA co fin de fortalecer a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual

O Servizo de Orientación Laboral de FADEMGA Plena inclusión Galicia acaba de recibir unha subvención directa nominativa do Concello de Lugo por unha contía de 2.500 euros, que posibilitarán que continuemos mejorarando as oportunidades de emprego deste colectivo e promover a súa inclusión no mercado laboral.

O Servizo de Información e Orientación Laboral (SIOL) proporciona asesoramento personalizado a persoas con discapacidade intelectual, ofrecendo información sobre ofertas de emprego, formación e recursos dispoñibles.

Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia agradecemos a colaboración do Concello de Lugo e destacamos a importancia de sumar esforzos para garantir a plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual na sociedade, apostando polo emprego como unha ferramenta clave para a súa autonomía e calidade de vida. Seguiremos traballando para reforzar os recursos destinados a este fin e para consolidar proxectos que permitan avanzar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria. 

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.