O Concello de Lugo e FADEMGA Plena inclusión Galicia asinan un Convenio de colaboración para fortalecer a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual

O Concello de Lugo e FADEMGA Plena inclusión Galicia asinan un Convenio de colaboración para fortalecer a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual

FADEMGA Plena inclusión Galicia asinou un convenio de colaboración

co Concello de Lugo para impulsar a inserción laboral

das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

a través do Servizo de Información e Orientación Laboral

e o Servizo de Apoio para o Emprego.

 

Este acordo, dotado con 2.000 euros para o ano 2024,

ten como obxectivo mellorar as oportunidades de emprego

das persoas con discapacidade intelectual

e mellorar a súa inclusión no mercado laboral.

 

O Servizo de Información e Orientación Laboral de FADEMGA

ofrece:

- asesoramento personalizado a persoas con discapacidade intelectual,

-  información sobre ofertas de emprego,

- formación

 

O Servizo de Apoio para o Emprego traballa de maneira directa coas persoas

para mellorar a súa empregabilidade,

realizando itinerarios personalizados de inserción laboral

e facilitando o contacto co tecido empresarial.

 

Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia

agradecemos a colaboración do Concello de Lugo

e destacamos a importancia de sumar esforzos para garantir a plena inclusión

das persoas con discapacidade intelectual na sociedade.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.