Case a metade das persoas que participaron no proxecto de Emprego personalizado conseguiron un contrato de traballo

FADEMGA Plena inclusión Galicia participou nesta iniciativa os anos 2022 e 2023, cun total de 30 persoas con discapacidade intelectual.

Case a metade das persoas que participaron no proxecto de Emprego personalizado conseguiron un contrato de traballo

As persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento

son un dos grupos de poboación

con máis problemas para conseguir traballo.

 

Só traballa 1 de cada 4 persoas.

 

Plena inclusión fixo unha investigación

na que participaron

512 persoas con discapacidade:

- A metade recibiu apoios de emprego personalizado.

- A outra metade seguiu cos apoios que reciben

  de forma habitual.


A investigación fíxose así para poder comparar

e saber que vantaxes ten o emprego personalizado.

 

Algúns resultados destacados


Das persoas que recibiron apoios

de emprego personalizado:

 

- Case a metade conseguiu traballo.


- Traballaron máis horas á semana.


- Aumentou o seu sentimento de pertencer
  ao seu barrio ou ao seu pobo.


- 4 de cada 5 persoas coñeceron
  polo menos a unha persoa nova.


- A metade das persoas recibiu formación
  en contextos laborais ordinarios.
  É dicir, en empresas
  con outras persoas sen discapacidade.

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.