23º Encontro de Persoas Autoxestoras de Galicia

A Federación aproveitou este encontro para presentar o novo "Consello de participación" un paso histórico cara unha voz máis directa e real das persoas con discapacidade intelectual.

23º Encontro de Persoas Autoxestoras de Galicia

Este venres celebramos

un encontro moi importante

para as persoas con discapacidade intelectual.

 

Celebrouse no Albergue Monte do Gozo,

en Santiago de Compostela.

 

Reuniu a 150 persoas

de diferentes organizacións de Galicia

que traballan con persoas con discapacidade intelectual.

 

O lema do encontro foi:

Rompendo barreiras, abrindo camiños.

O encontro foi un espazo para falar,

para aprender e para compartir.

 

 O presidente de FADEMGA, Eladio Fernández,

dixo que este encontro

non é só para aprender cousas.

Tamén é para falar

do que é importante de verdade.

 

As persoas autoxestoras

decidiron falar de 4 temas:

- O emprego.

- O carné de conducir.

- A familia.

- O futuro.

 

Son temas moi importantes

para poder vivir con dignidade

e decidir sobre a propia vida.

 

Nace un novo espazo:

o Consello de Participación

Durante o encontro,

anunciouse a creación

do Consello de Participación de FADEMGA.

É un grupo de persoas con discapacidade intelectual

que poderán falar coa Xunta Directiva da Federación.

Así, poderán facer propostas

e contar as súas necesidades.

 

Este novo Consello nace grazas ao traballo

que se fai desde o ano 1999.

Tamén responde a unha petición antiga:

querer participar máis

nas decisións da Federación

e tamén da administración.

 

Apoio das institucións

No acto tamén participou

a Directora Xeral de Discapacidade,

Begoña Abeijón.

Ela dixo que a Xunta de Galicia

quere apoiar as persoas con discapacidade intelectual.

 

Tamén estivo Silvia Longueira,

do PSdeG-PSOE.

Ela felicitou ás persoas autoxestoras

polo seu traballo e esforzo.

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.