Novos obradoiros e xornadas para a tempada de outono: infórmate!
Velaquí tes un avance das actividades que chegarán nos próximos meses
FADEMGA Plena inclusión Galicia
26-06-2024Obradoiros, xornadas formativas,
convivencias, encontros autonómicos...
xa estamos a traballar na nova tempada de actividades,
que chega cargadiña de cousas interesantes.
Xa podedes ir reservando en axenda as datas
da convivencia formativa de irmás e irmáns,
que terá lugar o vindeiro 14 de setembro.
Despois desta actividade terá lugar
o encontro autonómico de familias
que ímos celebrar o día 16 de novembro.
O encontro autonómico de persoas autoxestoras
será outra das citas importantes do ano.
Terá lugar o 25 de outubro no Hotel Congreso de Teo (Montouto)
e a inscrición xa está aberta!.
A actividade conta cun anticipo de programa
A ficha discrición podedes descargala aquí
e enviala adxunta por correo electrónico
a areasocial@fademga.org.
Un día despois do encontro de autoxestores
o 26 de de outubro
celebraremos unha nova edición do Encontro de Persoas Voluntarias,
no que buscaremos novamente a fórmula da solidariedade.
Durante o outono tamén contaremos con espazos para os profesionais
coa celebración da xornada de traballo
sobre o proxecto "Atendeme-entendeme",
que será o día 20 de setembro na Federación.
O Seminario sobre saúde mental e discapacidade intelectual
será o día 22 de novembro
e o "Espazo protexido para falar da morte"
será o 26 de setembro no Hopital de Lugo.
NOVOS OBRADOIROS E ACTIVIDADES FORMATIVAS
Os obradoiros e actividades formativas
son outro dos puntos fortes do outono.
Para comezar estamos a poñer en marcha
2 novas actividades nas que queremos que nos amosedes
o voso interese de participación.
A primeira delas será un obradoiro sobre "Resolución de conflitos",
onde aprenderemos sobre ferramentas e habilidades
que nos poden axudar a resolver dunha maneira máis adecuada
os nosos enfrontamentos con outras persoas.
A segunda das actividades, centrarase no "Autocoñecemento emocional"
e permitiranos achegarnos a nós memos e a manexar as emocións.
Para ambas actividades pedímosvos o voso interese de participación
achegando un correo a areasocial@fademga.org,
e tendo de prazo ata o 10 de xullo.
Neste documento podes botar un ollo
a todas actividades coa súa data de celebración.
Xa sabedes... abride a vosa axenda
e ide reservando as datas!!

