Seminario online Montessori adaptado

Aprende a potenciar capacidades no envellecemento!

Seminario online Montessori adaptado

Imos facer un seminario online.

Un seminario é unha charla formativa.

Nesta charla vai falar unha persoa experta

sobre como usar a metodoloxía Montessori

con persoas maiores con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento.

 

Este seminario é para profesionais

que acompañan a estas persoas

no proceso de envellecemento.

 

De que imos falar?

Falaremos da metodoloxía Montessori

adaptada a persoas maiores.

Escoitaremos experiencias reais

con persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento

en proceso de envellecemento.

 

Como participar?

A participación é de balde.

Podes inscribirte ata o mesmo día

cubrindo este formulario online.

 

Unha vez que te inscribas,

recibirás no teu correo electrónico

a ligazón para entrar no seminario online.

 

Nesta ligazón podes consultar

toda a información e cartel do seminario. 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.