Acompañamento ata o final da vida

Un proxecto dirixido a entidades que traballen con persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento maiores de 45 anos.

Acompañamento ata o final da vida

FADEMGA Plena inclusión Galicia

pon en marcha unha nova iniciativa

que se chama

“Acompañamento ata o final da vida”

Forma parte do programa "Maiores en acción".

 

Está pensada para entidades

que traballan con persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento

maiores de 45 anos.

 

Para que serve esta pilotaxe?

Esta pilotaxe quere dar resposta

á necesidade de moitas familias e profesionais.

Moitas persoas queren saber

como acompañar o final da vida

de forma respectuosa e con agarimo.

 

Por iso, esta pilotaxe fala do final da vida

con dignidade, respecto e ética.

 

Que imos aprender?

O obxectivo principal é coñecer

e compartir formas de acompañar ben

o final da vida das persoas con discapacidade intelectual.

 

Quen pode participar?

Esta pilotaxe é para entidades

que queiran acompañar ben o final da vida das persoas.

Cada entidade terá que formar un grupo con:

- Polo menos 1 familiar.

- 1 persoa técnica responsable do centro ou servizo.

- Polo menos 2 profesionais de apoio directo.

 

Como se fai a inscrición?

As entidades interesadas

teñen que enviar a súa solicitude

antes do 30 de xaneiro.

O correo ao que teñen que escribir é:

areasocial@fademga.org

 

Descarga aquí: 

- A información xeral da pilotaxe.

- O cronograma.

- O Formulario de inscrición.

 

Se tes algunha dúbida,

podes escribir a Ángela Rivera González

no correo: areasocial@fademga.org

ou chamala ao teléfono: 981 51 96 50

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.