3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
A Federación participou este mércores nun acto conxunto coas principais entidades do sector social
FADEMGA Plena inclusión Galicia
03-12-2025FADEMGA participou este mércores
nun acto organizado por CERMI Galicia
con motivo do Día das Persoas con Discapacidade.
Neste acto tamén estiveron
outras organizacións sociais.
O obxectivo do encontro foi destacar o traballo
das entidades sociais
e o papel das familias na inclusión
das persoas con discapacidade.
As familias son moi importantes
Carmela González Lagarón
representou a FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Ela falou xunto con persoas doutras entidades:
- ONCE.
- COGAMI.
- FAXPG.
- DOWN GALICIA.
Carmela dixo esta mensaxe moi importante:
“As familias foron, son e seguirán sendo moi importantes
para defender os dereitos das persoas
con discapacidade intelectual.”
Carmela tamén mandou unha mensaxe
ás familias que acaban de recibir
un diagnóstico de discapacidade:
“Non estades soas.
As vosas fillas e fillos teñen moitas posibilidades.
Con amor, paciencia e apoios
podedes descubrir o que poden facer
e celebrar cada paso adiante.
Tamén tedes que aproveitar os recursos
que xa crearon outras familias.
Usádeos, mellorádeos e seguide traballando
para mellorar eses recursos.”
Compromisos da Xunta de Galicia
Durante o acto, a conselleira Fabiola García
anunciou varios compromisos:
- Crear un Plan Estratéxico
para as persoas con discapacidade.
Este plan chega ata 2030.
Quere facer de Galicia un exemplo en inclusión.
O plan falará de temas como:
- Saúde e benestar.
- Emprego.
- Formación.
- Tempo libre.
- Vida na comunidade.
Anunciou tamén unha nova lei
para o Terceiro Sector Social.
Esta lei estará lista en 2026.
Servirá para reforzar o traballo
das entidades sociais.
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia
lembramos que aínda hai moito traballo por diante.
Participar neste acto permítenos pedir políticas públicas
baseadas nas necesidades reais das persoas.
Pedimos:
- Apoios estables.
- Apoios suficientes.
- Apoios xustos.

