Nace "Plena Compaña", o novo servizo de apoio emocional de FADEMGA

Un espazo de escoita e acompañamento emocional para persoas con discapacidade intelectual.

Nace "Plena Compaña", o novo servizo de apoio emocional de FADEMGA

En FADEMGA Plena inclusión Galicia

sabemos que o máis importante

é ter a alguén que te escoite,

sen présa e sen xuízos.

 

Por iso, poñemos en marcha un novo servizo

que se chama "Plena Compaña".

Está dirixido a persoas con discapacidade intelectual

que se sinten soas, preocupadas

ou que necesitan compartir como se atopan.

 

Este espazo nace co obxectivo

de ofrecer acompañamento emocional,

apoio cercano e unha conversa sincera

cando máis se precisa.

 

Aquí podes falar do que sintes,

contar o que che pasa

ou conversar cunha persoa

que te escoita de verdade.

 

Como funciona?

O teléfono de atención é o 646 880 823.

Podes contactarnos nos seguintes horarios:

- De luns a xoves: das 10 á 1 do mediodía

e de 4 e media a 6 da tarde

- Venres: de 10 a 1 do mediodía. 

 

Trátase dun servizo gratuito, confidencial

e sen cita previa

Porque todas as persoas

necesitamos ser escoitadas,

Plena Compaña quere estar ao teu carón.

 

Un pequeno xesto

que pode marcar unha gran diferenza.

 

Se o precisas, chama.

Estamos para acompañarte!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.