Nace o “Foro Galicia de Discapacidade”

Un novo espazo para garantir os dereitos e apoios das persoas con discapacidade en Galicia

Nace o “Foro Galicia de Discapacidade”

O mércores, 23 de outubro

creouse o Foro Galicia de discapacidade

no Colexio Notarial de Coruña.

 

Este foro é un paso moi importante

para traballar pola mellora dos dereitos e dos apoios

que teñen as persoas con discapacidade en Galicia. 

 

No evento participaron representantes

de diferentes institucións galegas, como o Parlamento de Galicia

a Xunta de Galicia, o Colexio Notarial 

e a Fundación Aequitas. 

 

Tamén participamos entidades como FADEMGA

CERMI e Down Galicia. 

 

OBXECTIVO DO FORO

Este foro nace co obxectivo de traballar de maneira colaborativa,

entre os diferentes organismos. 

 

Na súa intervención, Pilar Paz, como representante de FADEMGA

destacou a importancia da iniciativa

e tamén falou sobre o compromiso da Federación

para colaborar.

 

Pila Paz, dixo:

"Desde FADEMGA podemos achegar a nosa experiencia,

axudando a detectar aqueles aspectos que necesitan ser mellorados

e propoñendo reformas lexislativas que reflictan as necesidades reais

das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias". 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.