Mulleres con discapacidade intelectual reúnense para promover a sororidade e o autocoidado

Un encontro chamado a continuar promovendo a visibilización do colectivo

Mulleres con discapacidade intelectual reúnense para promover a sororidade e o autocoidado

Os días 16, 17 e 18 de setembro celebramos unha nova edición

do Encontro anual de mulleres con discapacidade intelectual. 

Este encontro celébrase na casa rural O Abeiro da Loba

que está na provincia de A Coruña.

 

No encontro participan 27 mulleres de 7 entidades galegas

e tamén de FADEMGA. 

 

O encontro sirve para que as mulleres con discapacidade intelectual

podan ter un espazo onde compartir experiencias, 

falar sobre as súas reivindicacións 

e aprender sobre temas importantes

como o coidado de unha mesma ou a prevención do abuso. 

 

Mulleres e discapacidade intelectual

Nos últimos anos temos avanzado grandes pasos

nos dereitos das mulleres. 

 

A pesar de todo, as mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

continúan a ser obxecto de unha tripla discriminación

polo feito de ser mulleres, de ter unha discapacidade

e de que dita discapacidade sexa intelectual. 

 

Neste sentido, a súa posición social está condicionada

por ter máis dificultades en eidos como a educación, o emprego

e mesmo no sistema sanitario.

 

Con todo, e a pesar das múltiples barreiras que enfrontan estas mulleres,

cada encontro anual supón a proba de que cada vez

son máis as que defenden os seus dereitos

e se empoderan para reclamar un espazo

que ata hai pouco tempo se lles tiña negado. 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.