Marcar o X Solidario na declaración da renda fai posible proxectos sociais sen pagar máis impostos

No 2024, 162 organizacións de acción social de toda Galicia levaron a cabo 733 proxectos que beneficiaron de xeito directo a un mínimo de 149.477 persoas

Marcar o X Solidario na declaración da renda fai posible proxectos sociais sen pagar máis impostos

As entidades sociais galegas,

reuníronse con motivo do inicio da campaña da X Solidaria

para intentar que máis galegas e galegos 

marquen o cadro 106 de Actividades de Interese Xeral

consideradas de Interese Social.

 

Co diñeiro que se recada marcando este recado

as entidades que traballan mellorando a vida

das persoas máis desfavorecidas

poden levar a cabo máis programas de apoio. 

 

Moitos proxectos poñen o foco:

- na inclusión socio laboral,

- no fomento da autonomía persoal,

- no envellecemento activo e prevención de dependencia,

- na participación activa na vida política e pública,

- na atención social individualizada

- ou na conciliación e mediación familiar, entre outros.

 

No ano 2024 houbo un aumento da recadación

pero aínda hai moitas persoas que non marcan este cadro

na súa declaración da renda.
 

Cando marcas o recadro de Fins Sociais,

nin pagas máis nin recibes menos cartos

no caso de devolución. 

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.