O X Solidario é un xesto que axuda
Con actos en Santiago, Vigo e Verín, as entidades sociais galegas animan á cidadanía a marcar o X Solidario
FADEMGA Plena inclusión Galicia
07-04-2026As entidades sociais de Galicia
fixeron un chamamento á cidadanía.
Piden que máis persoas marquen
o cadro 106 na Declaración da Renda.
Ese cadro chámase X Solidario.
Marcar ese cadro serve para apoiar proxectos sociais.
Quen participa?
Nesta campaña participan:
- EAPN Galicia.
- CERMI Galicia.
- Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.
Estas entidades representan
o Terceiro Sector de Acción Social de Galicia.
Isto quere dicir que traballan para axudar
ás persoas que máis apoio necesitan.
Onde foi o acto?
O acto de presentación foi na Praza da Quintana,
en Santiago de Compostela.
Foi un día antes
de comezar a campaña da Renda 2026.
Ás 11 da mañá, entidades sociais
e persoas beneficiarias
pediron á xente que marque o X Solidario.
Para que serve o X Solidario?
Este xesto permite que chegue diñeiro
a programas sociais.
Ese diñeiro sae dunha pequena parte dos impostos.
En concreto, sae de 7 de cada 1.000 euros
do imposto da renda.
Grazas a iso, as entidades sociais
poden seguir cos seus servizos
e cos seus programas.
Estes programas axudan a milleiros de persoas.
Este ano a campaña leva por lema:
O Xesto Lendario
A idea é esta:
un xesto pequeno
pode cambiar a vida
de moitas persoas.

