Máis de 400 persoas con discapacidade intelectual participan este sábado na Coruña nas oposicións da Administración Xeral do Estado

Un proceso selectivo inclusivo co 72% de persoas participantes apoiadas por FADEMGA Plena inclusión Galicia

Máis de 400 persoas con discapacidade intelectual participan este sábado na Coruña nas oposicións da Administración Xeral do Estado

O vindeiro 11 de xaneiro

son as oposicións da Administración Xeral do Estado

para a categoría de persoal laboral fixo

que antes se chamaba ordenanza.

 

A este exame están chamadas a acudir na Coruña

427 persoas con discapacidade intelectual,

das cales 308 forman parte do Servizo de Emprego e Formación

de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

 

CARACTERÍSTICAS DO EXAME

Por primeira vez, estas oposicións celébranse en varias cidades

para facilitar que todas as persoas podan acudir

Asemade, trátase dun exame único

para dúas convocatorias diferentes,

correspondentes aos anos 2020 e 2021.

 

Distribución de participantes apoiados por FADEMGA por provincias:

• A Coruña: 147 persoas (76 pertencen á delegación de A Coruña e 71 á de Santiago)

• Lugo: 33 persoas

• Ourense: 59 persoas

• Vigo: 69 persoas

 

FORMACIÓN E GRUPOS DE OPOSICIÓNS

Das 308 persoas membro do Servizo de Emprego da Federación,

FADEMGA proporcionou formación a 181 participantes

a través de 15 grupos organizados en distintas localidades de Galicia:

• A Coruña: 3 grupos (39 persoas)

• Santiago: 4 grupos (49 persoas)

• Narón: 1 grupo (6 persoas)

• Ourense: 3 grupos (30 persoas)

• Vigo: 2 grupos (28 persoas)

• Lugo: 2 grupos (29 persoas)

 

APOIOS O DÍA DO EXAME

Para garantir o éxito e a comodidade das persoas aspirantes,

7 profesionais de FADEMGA prestarán apoio directo

durante o día do exame.

 

O exame celébrase na Escola Técnica Superior

de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña.

 

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos destacar o esforzo,

compromiso e dedicación de todas as persoas que se prepararon para este proceso

que representa unha oportunidade moi importante

para continuar fomentando a inclusión laboral

das persoas con discapacidade intelectual,

así como para visibilizar as súas capacidades

e contribuír a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.