Levamos ao Parlamento a realidade das persoas con discapacidade intelectual ante os efectos da Lei 8/2021
A Federación participou nas xornadas “Os dereitos fundamentais das persoas con discapacidade”, organizadas polo Colexio Notarial de Galicia e a Fundación Aequitas
FADEMGA Plena inclusión Galicia
22-06-2026FADEMGA participou nunhas xornadas no Parlamento de Galicia.
O nome das xornadas era:
Os dereitos fundamentais das persoas con discapacidade.
Neste encontro participaron:
- Persoas expertas en leis.
- Profesionais do ámbito social.
- Entidades que representan ás persoas con discapacidade.
De que falamos na xornada?
Na xornada falamos sobre a Lei 8/2021.
Esta lei trouxo un cambio importante.
Antes usábase un modelo que incapacitaba á persoa.
Agora búscase outro modelo basado en:
- os apoios.
- a autonomía.
- o respecto á vontade de cada persoa.
Que problema hai con este modelo
A lei foi un avance importante.
Pero a súa aplicación crea problemas.
Eses problemas afectan á vida diaria
de moitas persoas con discapacidade intelectual.
FADEMGA explicou que a norma non sempre ten en conta
a realidade de todas as persoas.
Isto pasa sobre todo cando hai apoios reais,
pero eses apoios non encaixan ben
nos trámites administrativos.
FADEMGA sinalou problemas
nalgúns trámites administrativos con:
- a Seguridade Social.
- a Axencia Tributaria.
Nalgúns casos, estanse facendo interpretacións da lei
que deixan fóra a persoas que precisan apoios.
Isto pode causar:
- Problemas para cobrar prestacións.
- Problemas para ter beneficios fiscais.
- Problemas para manter dereitos xa recoñecidos.
FADEMGA lembra que estos problemas
xa se explicaban nun informe que se chama
Efectos colaterais da Lei 8/2021.
FADEMGA defende que cambiar unha lei non é suficiente.
Tamén fan falta:
- Cambios nos trámites.
- Formación para profesionais.
- Criterios claros para evitar dúbidas e inseguridade.
FADEMGA tamén di que é moi importante escoitar
ás persoas con discapacidade intelectual
e ás súas familias.
Así, as medidas de apoio
non se converterán en novas barreiras.

