Laboratorio do benestar: nova convocatoria

Unha iniciativa chamada a promover accións de fortalecemento da saúde mental

Laboratorio do benestar: nova convocatoria

FADEMGA Plena inclusión Galicia

abre unha nova convocatoria

do Laboratorio do Benestar.

 

O laboratorio do Benestar é unha iniciativa

que promove accións de fortalecemento

da saúde mental e do benestar emocional

das persoas con discapacidade intelectual.

 

O Laboratorio do Benestar

nace como un espazo onde cada persoa

pode investigarse, coñecerse mellor

e comprender como se relaciona

consigo mesma e coas demais persoas.

 

No laboratorio traballaranse aspectos fundamentais como:

- A maneira en que cada persoa se manexa nas relacións interpersoais.

- A xestión das emocións.

- A afronta dos conflitos.

 

Inscricións, prazos e información

Aquelas entidades interesadas en participar,

debedes cubrir este formulario. 

 

O prazo para amosar interese

remata o 13 de marzo.

 

Neste dosier podedes atopar

toda a información sobre a actividade. 

 

Se tedes calquera dúbida sobre a actividade,

podedes contactarnos chamando ao 981 51 96 50

ou escribindo a areasocial@fademga.org 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.