FADEMGA crea 2 apoios sobre sexualidade
Un paso adiante para falar, comprender e vivir a sexualidade con apoio, respecto e liberdade
FADEMGA Plena inclusión Galicia
24-03-2026FADEMGA Plena inclusión Galicia
pon en marcha 2 iniciativas novas.
Estas iniciativas tratan sobre sexualidade.
A idea principal é esta:
A sexualidade forma parte da vida
de todas as persoas.
Por iso, hai que falar dela con respecto.
Tamén con apoio profesional.
E tamén coidando os dereitos de cada persoa.
1. Servizo de asesoría sexolóxica
Este servizo é para:
- Persoas con discapacidade intelectual.
- Familias.
É un espazo seguro e confidencial.
Confidencial quere dicir
que o que contas queda protexido.
Este servizo axuda a:
- resolver dúbidas sobre sexualidade.
- resolver dúbidas sobre relacións afectivas.
- coñecer mellor o propio corpo.
- entender mellor os límites.
- ter relacións máis sans e respectuosas.
As asesorías faranse en distintos lugares de Galicia.
Tamén se adaptan ás necesidades
de cada persoa.
Hai horarios flexibles.
As 3 primeiras sesións son gratuítas.
Nestas ligazóns podes:
- Descargar o cartel e o dosier informativo do servizo.
2. Mirada sexolóxica
FADEMGA tamén crea
o proxecto Mirada sexolóxica.
Este proxecto é para entidades.
O proxecto dura 4 meses.
Durante ese tempo, unha profesional da sexoloxía
acompaña á entidade.
Esta profesional traballa co equipo da entidade para:
- ver necesidades das persoas usuarias.
- dar ferramentas útiles ao equipo.
- crear espazos para pensar e aprender.
O apoio faise de maneira continua.
Isto quere dicir que non é algo puntual.
Faise pouco a pouco e adaptado
á realidade de cada entidade.
Nesta convocatoria
teñen preferencia as entidades federadas.
Nesta edición hai 1 praza.
O prazo para apuntarse remata o 10 de abril.
Nestas ligazóns podes:
- Solicitar o interese en participar.
- Descargar o cartel e o dosier informativo do proxecto.

