Formación sobre sexualidade e persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento
Un curso para aprender a apoiar na sexualidade e nas relacións sociais
FADEMGA Plena inclusión Galicia
08-09-2025A sexualidade é unha parte importante
da vida de todas as persoas.
Tamén é importante
para as persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento.
Por iso, FADEMGA Plena inclusión Galicia
organiza unha nova formación.
A formación chámase:
Sexualidade e persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento.
É unha formación para aprender,
acompañar e apoiar.
Que vas aprender?
Esta formación dura 10 horas.
As persoas que participen van aprender:
- Que é a sexualidade
e como cambia ao longo da vida.
- Como acompañar ás persoas
con discapacidade intelectual
na súa afectividade e sexualidade.
- Que facer en situacións
do día a día nas relacións sociais.
Quen imparte a formación?
A formación será impartida
por Natalia Rubio Arribas.
É psicóloga, sexóloga,
pedagoga e mestra en Educación Especial.
Tamén é presidenta da Asociación Estatal
Sexualidade e Discapacidade.
A quen vai dirixida?
Esta formación é para:
- Profesionais de entidades federadas
e non federadas.
- Persoas da administración pública.
- Persoas voluntarias.
- Calquera persoa interesada.
Cantas prazas hai?
Hai un máximo de 30 prazas.
Cando é a formación?
O curso ten 3 sesións:
- 9 de outubro De 10:00 a 12:15 h. En liña.
- 23 de outubro De 10:00 a 12:15 h. En liña.
- 6 de novembro De 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.
Presencial en Santiago de Compostela.
Canto custa?
10 € para profesionais de entidades federadas a FADEMGA.
15 € para o resto das persoas.
O prezo inclúe:
- A formación.
- Un café a media mañá na sesión presencial.
- Non inclúe a comida do mediodía.
Como me podo inscribir?
Podes inscribirte en liña ata o 23 de setembro.
O 24 de setembro diranche se tes praza ou non.
Tes que facer o pagamento antes do 1 de outubro.
Podes acceder ao formulario de inscrición aquí.
Envía o xustificante do pagamento ao correo: sexualidade@fademga.org
Por que organizamos esta formación?
FADEMGA Plena inclusión Galicia
defende os dereitos das persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento.
Quere axudar a que estas persoas
sexan máis autónomas e teñan unha vida mellor.
Descarga aquí toda a información do curso.
Con esta iniciativa, FADEMGA Plena inclusión Galicia reafirma o seu compromiso coa defensa dos dereitos, a promoción da autonomía persoal e o acompañamento integral das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

