Encontro de familias de persoas con discapacidade intelectual

Un encontro para falar do futuro

Encontro de familias de persoas con discapacidade intelectual

Hoxe, 100 familias de persoas

con discapacidade intelectual

reuníronse no Hotel Los Abetos,

en Santiago de Compostela.

 

Este encontro foi organizado

por FADEMGA Plena inclusión Galicia.

lema da xornada foi: “Un camiño compartido”.

 

Un lugar para falar e compartir

O encontro foi un espazo para:

- Falar entre as familias.

- Reflexionar sobre os dereitos

das persoas con discapacidade intelectual.

- Reivindicar que as persoas con discapacidade

deben ter voz nas familias e nas organizacións.

 

Participación de representantes políticas

No acto estiveron presentes

persoas representantes de institucións:

- Begoña Abeijón,

directora xeral de Discapacidade

da Xunta de Galicia.

 

- Ariadna Fernández,

deputada do BNG.

 

- Patricia Iglesias,

deputada do PSdeG-PSOE.

 

As familias teñen voz

O presidente de FADEMGA, Eladio Fernández,

dixo: “As familias estamos aquí para escoitarnos”.

Tamén explicou que este encontro

é un acto de forza social.

É unha maneira de dicirlle á sociedade

que as familias están organizadas e

teñen voz propia.

Eladio pediu á Administración

que escoite e dea resposta

ás necesidades das familias.

 

Compromiso dos partidos políticos

A deputada do PSdeG, Patricia Iglesias,

dixo: “É importante apoiar o traballo

das asociacións e entidades sociais.

Queremos mellorar a vida

das persoas con discapacidade intelectual"

 

Tamén falou Ariadna Fernández, do BNG.

Ela dixo: “Temos que cambiar as políticas e as actitudes.

O BNG vai apoiar estes cambios.”

 

A Xunta valora o traballo das familias

Begoña Abeijón, da Xunta de Galicia,

agradeceu o traballo das familias.

Ela dixo: “Este é un dos actos máis importantes

que organiza FADEMGA.

As familias sodes valentes

por defender os dereitos

das persoas con discapacidade.

Pídovos que sigades marcando o camiño

que debemos seguir"

 

As persoas con discapacidade tamén falaron

A xornada tivo dúas partes principais:

- Dar voz ás persoas con discapacidade intelectual.

- Acompañar ás familias durante toda a vida.

 

Na mesa redonda “Voces que importan”

falou Carmen Márquez, experta en conduta e ética.

Tamén falaron Jesús Cabo e Alberto Seoane,

que teñen discapacidade intelectual.

Eles explicaron as súas ideas

e as necesidades que ten o colectivo. A

 

Na segunda parte da xornada

falouse da importancia do apoio emocional ás familias.

Participaron Laura Fernández e Isabel Fragueira,

da asociación “Redeiras Solidarias”.

 

Explicaron como é importante apoiar ás familias

en momentos difíciles da vida.

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.