FADEMGA participa na campaña ‘Sen familias non hai inclusión’ polo Día Internacional da Discapacidade
O 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade
FADEMGA Plena inclusión Galicia
28-11-2025O 3 de decembro celebramos
o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Con motivo desta data,
Plena inclusión comeza unha nova campaña
co lema: “Sen familias non hai inclusión”.
A campaña quere dar visibilidade ás familias
das persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento.
Tamén pide que a nova Lei de Familias
as recoñeza e protexa.
Que di a campaña?
As familias fan un traballo moi importante
para o benestar e a inclusión
das persoas con discapacidade intelectual.
Cada día, as familias ofrecen moitos apoios
ás súas fillas e fillos con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento.
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia
apoiamos esta campaña.
Queremos que a nova Lei de Familias
recoñeza os dereitos das familias coidadoras
de maneira clara e directa.
Que pide a campaña?
A campaña ten 3 peticións principais:
1. Que se recoñeza legalmente
que as familias coidadoras
teñen dereitos.
2. Que existan medidas reais
para conciliar a vida laboral e familiar
das persoas que coidan.
3. Que se dean compensacións
ás persoas que coidan
e que non puideron cotizar
nin recibir axudas económicas
ou sociais.
Como podes participar?
Plena inclusión anima ás familias
e ás entidades
a compartir mensaxes da campaña
nas redes sociais.
Usa esta etiqueta: #SenFamiliasNonHaiInclusión
Participación de FADEMGA no acto do CERMI
Ademais de sumarnos a esta campaña
FADEMGA participará no acto organizado polo CERMI Galicia
na Cidade da Cultura.
No encontro, a nosa responsable de Familias,
Carmela González Lagarón,
intervirá nunha mesa redonda.
Será unha ocasión para poñer en valor,
a evolución do noso movemento asociativo
grazas ao impulso constante das familias.

