FADEMGA reforza a súa alianza co SERGAS para garantir o emprego público para persoas con discapacidade intelectual
Gómez Caamaño subliñou o compromiso da Xunta coa inclusión real e efectiva das persoas con discapacidade intelectual
FADEMGA Plena inclusión Galicia
22-05-2025FADEMGA Plena inclusión Galicia
renovou hoxe a súa colaboración SERGAS
e coa Consellería de Sanidade.
Este acordo serve para conseguir avances reais
na inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
no sistema de saúde galego.
Grazas a esta colaboración,
76 persoas de FADEMGA ocupan postos de traballo dignos
e adaptados nas distintas categorías
ofertadas polo SERGAS.
O presidente de FADEMGA, Eladio Fernández,
puxo en valor o esforzo que fai posible esta realidade
e dixo que hoxe non falamos só de prazas
falamos de dereitos e de oportunidades reais de vida.
Dende 2016, o SERGAS reservou 245 prazas
para persoas con discapacidade intelectual.
140 destas prazas xa foron cubertas
en categorías como celador, pinche
e persoal de servizos xerais.
Un exemplo concreto é o de Adrián Andrade Lorenzana,
celador no Hospital Clínico de Santiago,
quen compartiu a súa experiencia persoal
durante o acto.

