Axuda do Concello de Lugo para apoiar o emprego de persoas con discapacidade intelectual

Axuda do Concello de Lugo para apoiar o emprego de persoas con discapacidade intelectual

O Concello de Lugo

deu unha axuda de 3.000 euros

a FADEMGA Plena inclusión Galicia.

 

Esta axuda é para o ano 2025.

 

A axuda serve para reforzar

2 servizos moi importantes:

- O Servizo de Información e Orientación Laboral.

- O Servizo de Apoio ao Emprego.

 

Estes servizos axudan

ás persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento

a atopar e manter un emprego.

 

Tamén lles apoian para mellorar no seu traballo

e acadar novos retos.

A atención que ofrecen estes servizos é personalizada.

É dicir,  póñense no lugar de cada persoa

e axústanse ás súas necesidades.

 

Con esta axuda económica,

FADEMGA poderá seguir facendo as seguintes cousas:

- Dar orientación especializada.

- Acompañar de forma personalizada.

- Apoiar ás persoas de forma continua.

 

FADEMGA dá as grazas ao Concello de Lugo

por apoiar o emprego inclusivo.

Tamén agradece que valoren o traballo

dos equipos profesionais

que loitan polos dereitos das persoas con discapacidade.

 

Esta axuda reforza a rede de apoios

que FADEMGA e outras entidades teñen en Galicia.

Grazas a esta rede,

é máis doado avanzar cara a unha sociedade máis xusta,

máis inclusiva e accesible para todas as persoas.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.