FADEMGA recibe unha axuda de 3.000 euros do Concello de Lugo para os servizos de emprego

FADEMGA recibe unha axuda de 3.000 euros do Concello de Lugo para os servizos de emprego

FADEMGA Plena inclusión Galicia

participou nun encontro organizado polo Concello de Lugo.

Neste encontro, o Concello asinou varios acordos

para dar axudas económicas ás entidades sociais da cidade.

FADEMGA recibiu unha axuda de 3.000 euros.

 

Para que se utilizará esta axuda?

FADEMGA utilizará estes cartos

para apoiar 2 servizos que ofrece en Lugo:

- Servizo de Información e Orientación Laboral.

Axuda ás persoas con discapacidade intelectual a buscar traballo

e coñecer as súas oportunidades de emprego.

- Servizo de Apoio ao Emprego.

Ofrece apoio ás persoas con discapacidade intelectual

para conseguir un traballo e manter ese traballo.

 

Estes servizos ofrecen información, orientación

e apoio segundo as necesidades de cada persoa.

O seu obxectivo é conseguir que as persoas con discapacidade intelectual

teñan máis oportunidades de traballar

e de tomar as súas propias decisións.

 

A importancia das axudas públicas

Durante o encontro, o Concello de Lugo

tamén anunciou que publicará novas axudas

para as entidades sociais.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.