FADEMGA recibe unha axuda da Deputación de Ourense para o Servizo de Emprego

Esta axuda permitirá reforzar a orientación laboral e o apoio ao emprego de persoas con discapacidade intelectual na provincia

FADEMGA recibe unha axuda da Deputación de Ourense para o Servizo de Emprego

A Deputación de Ourense

deu unha axuda a FADEMGA Plena inclusión Galicia.

A axuda é de 6.000 euros.

 

Este diñeiro será para o proxecto

“Servizos de Emprego

para Persoas con Discapacidade Intelectual 

de Ourense-2026”.

 

Con esta axuda, FADEMGA poderá seguir facendo actividades

para apoiar ás persoas con discapacidade intelectual

na busca de emprego.

Por exemplo:

- orientación laboral,

- apoio para buscar traballo,

- acompañamento ás persoas participantes,

- colaboración con empresas,

colaboración con servizos públicos da provincia.

 

O obxectivo do proxecto

é mellorar as oportunidades de emprego

destas persoas.

 

Tamén busca que poidan participar máis

no mercado laboral

e avanzar cara a unha maior autonomía.

 

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia

agradecemos o apoio da Deputación de Ourense.

 

Esta axuda contribúe a crear máis oportunidades reais de emprego

para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.