FADEMGA recibe axudas para desenvolver 10 programas durante 2026

FADEMGA recibe axudas para desenvolver 10 programas durante 2026

FADEMGA Plena inclusión Galicia recibiu axuda económica

para desenvolver 10 programas durante o ano 2026.

Estas axudas proceden do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030

do Goberno de España.

 

O Ministerio asinou un acordo con Plena inclusión España

o 29 de novembro de 2025.

Grazas a este acordo, FADEMGA desenvolverá programas

para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual

 e das súas familias.

 

Que se fará con estas axudas?

FADEMGA desenvolverá 10 programas para:

- Apoiar ás persoas con discapacidade intelectual que están no cárcere

ou que xa saíron del.

- Axudar ás persoas con discapacidade intelectual

a exercer os seus dereitos ante a xustiza.

- Ofrecer apoio ás persoas con problemas de saúde mental.

- Apoiar ás familias.

- Mellorar a accesibilidade para que todas as persoas

poidan comprender a información e utilizar os servizos.

- Favorecer a participación das persoas na sociedade.

- Ofrecer apoios durante a infancia.

- Apoiar ás persoas maiores con discapacidade intelectual.

 

De onde procede o diñeiro destas axudas?

Estas axudas fináncianse con parte do diñeiro

que a cidadanía destina a fins sociais

cando paga determinados impostos.

Estes impostos son o IRPF e o imposto sobre sociedades.

 

Onde podes consultar as axudas?

Nesta ligazón podes consultar un documento

coa información completa.

Neste documento aparecen:

- Os nomes dos 10 programas.

- A cantidade de diñeiro concedida a cada programa.

 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.