FADEMGA pide que se cambie unha lei que afecta ás entidades sociais

Trátase dunha Lei que impacta na sustentabilidade das entidades sociais.

FADEMGA pide que se cambie unha lei que afecta ás entidades sociais

FADEMGA Plena inclusión Galicia

apoia unha campaña da Plataforma del Tercer Sector.

Esta campaña chámase «Máis sustentabilidade, mellores servizos».

 

Que pide esta campaña?

A campaña pide que se cambie unha lei

que se chama Lei de Desindexación da Economía Española.

Esta lei di que os contratos cos servizos públicos

deben manter o mesmo prezo durante moito tempo.

Isto é un problema para as entidades sociais como FADEMGA,

porque:

- Os prezos soben polo aumento da inflación. Todo custa máis.

- Pero as entidades non poden cambiar os prezos dos contratos.

- Así, moitas entidades perden diñeiro e teñen problemas para dar servizos.

 

Que cambios se piden?

As entidades sociais piden:

- Que se poidan actualizar os prezos dos contratos cando sexa necesario.

- Que se revisen os prezos se hai cambios importantes que non estaban previstos.

- Que se creen normas que axuden a manter a estabilidade económica das entidades.

 

Por que é importante?

As entidades sociais, como FADEMGA,

son moi importantes porque:

- Axudan a moitas persoas e familias que o necesitan.

- Dan servizos que moitas veces non dan as administracións.

- Teñen a axuda de 4 millóns de persoas voluntarias.

 

FADEMGA únese a esta campaña

para defender os dereitos das persoas con discapacidade intelectual

e das súas familias,

e tamén para asegurar que se poidan manter os servizos

que melloran a súa calidade de vida.

 

Preme neste enlace

para ter máis información da campaña. 

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.