FADEMGA celebrou a súa Asemblea Xeral

A Federación impulsa a súa capacidade de acción con novos liderados e a expansión da súa rede territorial

FADEMGA celebrou a súa Asemblea Xeral

FADEMGA Plena inclusión Galicia
celebrou este sábado a súa Asemblea Xeral.

A Asemblea é un encontro moi importante
para decidir o futuro da organización.

FADEMGA traballa pola defensa dos dereitos
das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento
e tamén das súas familias.

 

Aprobación dos documentos do ano

Na Asemblea aprobáronse 3 documentos:

  • A Memoria de Actividades do ano 2024.

  • O orzamento, é dicir, os cartos que van usar.

  • O Plan de Acción para o ano que vén,
    onde se recollen as cousas máis importantes
    que quere facer FADEMGA.

As persoas asistentes
votaron a favor destes documentos.

 

Cambiou a Xunta Directiva

Tamén houbo un cambio importante:
a renovación da Xunta Directiva.

Este grupo de persoas
toma decisións importantes en FADEMGA.

Eladio Fernández
segue sendo o presidente.

Entra unha persoa nova:
Pedro Menéndez Ponte,
da entidade ASPRONAGA da Coruña.

Pedro ocupa o posto de Marcelo de la Cruz,
que traballou moitos anos
e ao que lle deron as grazas.

 

Nova entidade na Federación

FADEMGA tamén deu a benvida
a unha nova entidade:
chámase APERTAS
e está en Burela.

Desde agora,
forma parte da rede de FADEMGA.

Con esta incorporación,
FADEMGA xa ten 42 entidades en Galicia.

É unha rede unida,
diversa
e comprometida.

 

FADEMGA valora positivamente a Asemblea

FADEMGA pensa que a Asemblea foi moi boa.

Porque todas as persoas participantes
fixeron propostas
e chegaron a acordos.

Así traballamos xuntas e xuntos
por unha Galicia
máis inclusiva,
máis xusta
e máis accesible.

 

Nova Xunta Directiva

Estas son as persoas
que forman a nova Xunta Directiva:

  • Eladio Fernández, presidente.

  • Carmen Taboada, vicepresidenta.

  • Miguel López, secretario.

  • Pedro Menéndez, vicesecretario.

  • Rocío Estévez, tesoureira.

  • José Manuel Carballo, vogal.

  • Carmela González, vogal.

  • Javier Rodríguez, vogal.

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.