FADEMGA Plena inclusión Galicia pon en marcha ACENDE, un novo servizo de asesoramento sexolóxico
Acende o dereito a sentir, gozar e decidir!
FADEMGA Plena inclusión Galicia
03-04-2025O servizo de asesoramento sexolóxico de FADEMGA
chámase servizo Acende.
Este servizo é gratis.
Acende é un servizo do programa de Mulleres en Igualdade.
Débora Baz é a sexóloga que vai a dar este servizo.
Débora é unha persoa experta en educación sexual
con persoas con discapacidade intelectual.
Quen pode solicitar o servizo?
O servizo Acende é un servizo para axudar a mulleres
con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Poden pedir este servizo
as mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento
e as persoas que queren axudar a unha muller con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento.
Por exemplo:
- familias,
- parellas,
- profesionais,
- persoas de apoio
- ou persoas coidadoras.
Que temas tratamos no servizo?
Podes solicitar o servizo Acende
se tes dúbidas ou necesitas axuda nalgún destes temas
como or exemplo:
- O coidado da nosa saúde sexual.
- O bo trato na relacións con outras persoas.
- O abuso sexual.
- Problemas e necesidades sexuais.
- A reprodución humana.
- Os cambios corporais Identidade de xénero, expresión de xénero e orientación sexual.
- Enfermidades sexuais.
- Conductas sexuais seguras.
- Métodos anticonceptivos e embarazo.
- Intimidade.
Como se solicita o servizo Acende?
Para solicitar o servizo Acende
tes que chamar ou enviar un WhatsApp
ao teléfono 683 43 00 12.
Tamén podes mandar un correo a sexualidade@fademga.org
Despois tes que cubrir:
- a ficha de solicitude do servizo
- a ficha de autorización de datos
Podemos axudarche a cubrir estas fichas se necesitas axuda.
Despois de facer a solicitude
poñerémonos en contacto contigo para ter unha reunión.
Na seguinte ligazón podes descargar
a información do servizo en lectura fácil.

