FADEMGA Plena inclusión Galicia y Consellería de Política Social llegan a un acuerdo que pone fin a la convocatoria de movilizaciones

A entidade valora positivamente o paso dado pola Xunta e aposta por manter o diálogo

FADEMGA Plena inclusión Galicia y Consellería de Política Social llegan a un acuerdo que pone fin a la convocatoria de movilizaciones

FADEMGA Plena inclusión Galicia

levaba moito tempo falando co Goberno galego

para mellorar a situación

das persoas con discapacidade intelectual

e do desenvolvemento.

 

O 22 de outubro

houbo unha reunión importante.

E hoxe, 27 de outubro,

tiveron outra reunión coa conselleira

de Política Social, Fabiola García.

 

Nesas reunións,

chegaron a un acordo.

 

Este acordo foi explicado

ás entidades que forman FADEMGA

nunha asemblea.

 

As entidades están de acordo co conseguido.

 

Valoraron moi ben os avances

e o diálogo entre FADEMGA

e a Xunta de Galicia.

 

Grazas a este acordo,

FADEMGA decidiu cancelar

as protestas previstas.

 

Non haberá concentración

o mércores 29 de outubro

diante do edificio da Xunta

en San Caetano.

 

Tamén se cancelan as protestas

diante do Parlamento de Galicia.

 

FADEMGA Plena inclusión Galicia

agradece o apoio:

- das entidades,

- das familias

- e das persoas profesionais.

 

Grazas a todas por defender

un modelo que respecta os dereitos das persoas

con discapacidade intelectual e do desenvolvemento

en Galicia.

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.