FADEMGA e Banco Sabadell asinan un acordo

O acordo establece un marco de colaboración para dar resposta ás necesidades bancarias das entidades na súa xestión ordinaria e nos seus investimentos

FADEMGA e Banco Sabadell asinan un acordo

FADEMGA Plena inclusión Galicia e Banco Sabadell

asinaron un acordo este martes.

Un acordo é un compromiso entre 2 partes.

Este acordo busca dar apoio económico

ás entidades de FADEMGA.

 

Ese apoio serve para o traballo do día a día

e tamén para facer melloras ou novos proxectos.

 

Banco Sabadell ofrecerá servizos bancarios

con condicións mellores.

 

Quen asinou o acordo?

As persoas que asinaron foron estas:

- David Martís, director rexional de Galicia Norte de Banco Sabadell.

- Eladio Fernández, presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

 

Que inclúe o acordo?

As entidades de FADEMGA poderán ter:

- contas correntes sen comisións.

- apoio económico para gastos habituais

- apoio para investimentos.

- diñeiro prestado para momentos concretos.

- aparellos para cobrar con tarxeta.

- ferramentas para xestionar cobros.

- sistemas para recoller doazóns.

 

Un proxecto social

O acordo tamén permite

que FADEMGA e as súas entidades

poidan participar no Proxecto Ético e Solidario

de Banco Sabadell.

 

Este proxecto apoia iniciativas sociais

e humanitarias.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.