FADEMGA Plena inclusión Galicia e as súas entidades reciben apoio da Xunta de Galicia para impulsar programas de voluntariado e participación social
FADEMGA Plena inclusión Galicia
07-02-2025A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia concedeu axudas no marco da Convocatoria CT200A-2024, destinada á “Realización de Programas de Interese Xeral para Fins de Carácter Social” con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do imposto de sociedades. A resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 20 de xaneiro de 2025.
Grazas a esta subvención, FADEMGA Plena inclusión Galicia e as súas entidades membro desenvolverán durante o 2025 diferentes proxectos orientados a promover o voluntariado, a inclusión social e o fortalecemento do tecido asociativo do movemento Plena inclusión en Galicia.
Nesta ligazón podes consultar a relación de proxectos executados.
Estas iniciativas reforzan o compromiso de nuestro movimiento asociativo co voluntariado como motor de cambio social, impulsando espazos de participación, aprendizaxe e solidariedade que favorecen a inclusión das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.

