FADEMGA e a Xunta asinamos un acordo para facer a Xustiza máis fácil de entender

A colaboración permitirá adaptar documentos xudiciais a lectura fácil para garantir un acceso igualitario.

FADEMGA e a Xunta asinamos un acordo para facer a Xustiza máis fácil de entender

FADEMGA e a Consellería de Xustiza

asinamos un novo acordo.

Este acordo sirve para adaptar documentos legais

a lectura fácil.

Así, as persoas con discapacidade intelectual

ou con dificultades para ler

poderán entender mellor o que di a Xustiza.

 

Para que serve este proxecto?

O obxectivo é que todas as persoas

poidan entender o que pasa cando teñen que ir a xuízo.

Por exemplo: que documentos teñen que asinar,

que decisións toma un xuíz ou que dereitos teñen.

 

Os documentos estarán escritos en lectura fácil.

A lectura fácil usa frases curtas,

palabras sinxelas e textos máis claros.

 

Como funciona este acordo?

Cando un xulgado de Galicia necesita adaptar un documento,

pode pedilo a FADEMGA.

O equipo de FADEMGA fará dous pasos:

- Adaptar o documento a lectura fácil.

- Validar o documento con persoas con discapacidade intelectual.

Así, comproban que se entende ben.

 

Canto diñeiro hai?

A Xunta de Galicia dará ata 20.000 euros

para facer este traballo.

O diñeiro será para pagar as adaptacións,

a validación e as actividades de información.

 

Por que é importante?

A Xustiza é un dereito para todas as persoas.

Pero moitas veces é difícil de entender.

Este proxecto axuda a facer a Xustiza máis clara,

máis accesible e máis xusta para todas as persoas.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.